Escuchar

A Axencia Galega de Emerxencias e o Instituto Tecnolóxico Galego (ITG) colaborarán para o desenvolvemento e innovación dos recursos e sistemas para a xestión das emerxencias. Este foi un dos primeiros avances dunha reunión celebrada nas instalacións do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia entre o xerente da AXEGA, Marcos Araújo e a directora da Área de Sensórica e Comunicacións do ITG, Analía López, e o responsable técnico deste departamento, Marco González, na que se sentaron as bases dun novo marco de cooperación para a posta en marcha de proxectos e produtos que contribúan a aumentar as posibilidades de éxito en situacións extremas.

Durante o encontro, Marcos Araújo recordou que a AXEGA foi a primeira entidade a nivel nacional que comezou a usar os drons en servizos de emerxencias, polo que esta experiencia pode ser de moita axuda para o estudo e desenvolvemento de novos sistemas de aplicación na xestión das emerxencias. Deste xeito, comprometeuse a pór aos servizo dos arquitectos e enxeñeiros do Instituto a tecnoloxía e o material necesario para facer as probas e ensaios que certifiquen a funcionalidade dos futuros produtos e proxectos. Preme aquí para máis información