Escuchar

O condutor dun vehículo sen carné perdeu a vida despois de colidir contra un muro en Brión

 

O único ocupante dun vehículo sen carné faleceu esta madrugada despois de chocar contra un muro nos Ánxeles, en Brión. Arredor das 2:30 horas de hoxe, o vehículo circulaba pola estrada que une Negreira coa Escravitude cando, por razóns que se descoñecen, o condutor perdeu o control do vehículo e colidiu contra un valo. Tras recibir a alerta, o persoal do CAE 112 Galicia solicitou a intervención do GES de Brión e a Garda Civil de Tráfico. Urxencias Médicas xa tiña constancia do suceso.
 
Dúas persoas resultaron feridas en Padrón tras caer ao Río Sar o turismo no que viaxaban
Un turismo con dúas persoas a bordo se precipitou esta madrugada ao Río Sar, en Padrón. O vehículo quedou totalmente sumerxido, sen embargo, os dous ocupantes puideron saír polos seus propios medios, aínda que contaron, tamén, coa axuda dos membros do GES de Padrón. Os servizos sanitarios de urxencia os trasladaron, nun primeiro momento, ao Centro de Saúde da localidade. Ás 3:00 desta madrugada, un particular alertou ao CAE 112 Galicia que, ademais dos efectivos do Grupo de Emerxencias Supramunicipal, informou aos Bombeiros de Boiro, que deron volta unha vez confirmado que os feridos xa estaban fóra do vehículo. Tamén foron avisados os axentes da Policía Local e Urxencias Médicas.