Escuchar

Un ferido en Toén nun accidente con tres coches implicados

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron a unha persoa que resultou ferida despois de producirse un accidente no que se viron implicados tres turismos. 

O sinistro ocorreu na A-52, dirección Ourense, en Alongos, á altura do concello ourensá de Toén. Faltaban uns minutos para as 00:00 horas da noite pasada cando persoal sanitario chamou ao 112 Galicia para advertir da situación. Segundo o seu relato, tratábase dun choque -con persoas feridas- entre dous turismos. Ao mesmo tempo, un particular tamén chamaba ao 112 para pedir axuda, informaba dun coche envorcado ao pasar o Túnel de Alongos. Aseguraba que o  seu ocupante estaba ferido pero fora do vehículo.

Con estes datos, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112Galicia puxo os feitos en coñecemento dos axentes de Tráfico, dos Bombeiros do Carballiño, GES de Ribadavia e de Protección Civil da localidade.

Os Bombeiros nada mais chegar, descartaron o uso do material de excarceración para os ocupantes dos tres vehículos implicados e procederon á limpeza da vía. Así mesmo, os profesionais do 061-Urxencias Sanitarias comunicaron ao 112 Galicia, que soamente unha persoa foi trasladada en ambulancia ao Hospital Cristal Piñor.