Escuchar

Dous menores foron atropelados en Toén

Unha furgoneta atropelou onte a dous menores no lugar das Airas, en Toén. O accidente se produciu minutos antes das oito da tarde na parroquia de Moreiras. Ambos os dous rapaces foron trasladados nunha UVI móbil que enviou Urxencias Médicas ao lugar do sinistro. Ademais, pola súa banda, o persoal do 112 Galicia pediu a colaboración dos voluntarios de Protección Civil do concello e dos membros do GES de Ribadavia. Tamén acudiron ao lugar os axentes da Garda Civil de Tráfico.

 

Os drons da AXEGA volven hoxe ao Miño para seguir buscando ao músico desaparecido na Pela

Os avións non tripulados da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) volven esta mañá ao Río Miño para continuar coa busca do músico desaparecido. O mozo, veciño do concello de Salvaterra de Miño, desapareceu a noite do pasado sábado despois de participar nas festas do Castelo da Pela, en Portugal. Algunhas das súas pertenzas apareceron na beira do Río Miño, zona de Monçao. Dende entón, ao abeiro do protocolo especial de intervención en emerxencias en zona fronteiriza, ARIEM 112, medios e recursos de emerxencias de ambas as dúas marxes do río traballan na procura do rapaz. Onte mesmo, os efectivos do parque comarcal de bombeiros do Baixo Miño e os voluntarios de Protección Civil de Tomiño uníronse aos equipos portugueses para seguir peitando a zona na busca de indicios do paradoiro do músico.