Escuchar
Unha familia foi desaloxada en Cedeira a causa dun incendio no interior da súa vivenda
Os habitantes dunha vivenda situada na Rúa Zumalacarregui, en Cedeira, tiveron que ser desaloxados por mor dun incendio que afectou á totalidade do inmoble. Un salón resultou calcinado e a intensa fumareda chegou a afectar a toda a casa. Polo momento se descoñecen as causas do lume, aínda que, os propios afectados apuntaron a unha manta eléctrica como a orixe das lapas. Ás 4:00 horas de hoxe, un particular contactou co 112 Galicia para pedir axuda. De seguido, o persoal do Centro de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitou a intervención do GES de Ortigueira e Protección Civil de Cedeira, que, unha vez no lugar dos feitos, comprobaron que as lapas remitiran, pero había moito fume acumulado. Debido a que a situación estaba controlada e o lume practicamente extinguido, os Bombeiros de Ferrol, alertados polo CAE 112 Galicia, volveron á súa base. Os axentes da Garda Civil tamén participaron no operativo. Os afectados foron acollidos na casa duns familiares.