Escuchar

Evacuado un operario que inhalou gases mentres  aplicaba o pavimento dun garaxe

Un traballador sufriu unha intoxicación cando botaba o pavimento nun garaxe. Ocorreu pouco antes das sete da tarde de onte na Rúa Ecuador, en Vigo. Co afectado estaba a traballar outro compañeiro que tamén foi desaloxado polos servizos de emerxencias, pero estaba en perfecto estado de saúde. Segundo indicaron os axentes da Policía Nacional, os operarios botaban un pavimento con máquinas alimentadas con gasolina. Posiblemente, os gases procedentes de esa combustión, nun lugar con escasa ventilación, provocaron a intoxicación do operario.
Tras recibir a alerta, os xestores do CAE 112 Galicia informaron aos Bombeiros de Vigo e aos axentes da Policía Nacional e Local.
Despois de evacuar aos traballadores, os bombeiros ventilaron o garaxe ata que as medicións comezaron a ser negativas.