Escuchar
Un home falece afogado en Marín tras caer á auga dende unha gabarra
Salvamento Marítimo coordinou esta madrugada o rescate dun home de nacionalidade británica que perdeu a vida despois de precipitarse á auga dende unha gabarra. A tripulación da embarcación auxiliar Sebastián Docampo, do Servizo de Gardacostas de Galicia, se encargou de rescatar á vítima, xa sen constantes vitais, e trasladala á terra. Arestora, os axentes da Policía Nacional investigan as circunstancias nas que se produciu o accidente, aínda que cabe a posibilidade de que o home caera á auga ao tratar de saltar da draga ao peirao. Igualmente, as forzas da orde aclararon que a gabarra, tamén de nacionalidade británica e de nome GPS Badler, operaba nas proximidades do Porto de Marín. O persoal do 112 Galicia tivo constancia do suceso ás 2:14 horas desta madrugada mediante un aviso de Salvamento Marítimo, que solicitou asistencia sanitaria para o Porto Pesqueiro de Marín. Así, dende o Centro de Atención ás Emerxencias, se pediu a intervención dos servizos sanitarios de urxencia. Sen embargo, nada se puido facer por salvarlle a vida.