Escuchar

Un home e unha muller resultaron feridos a causa dunha explosión na súa vivenda

A muller saltou pola fiestra para salvarse da explosión e posterior incendio que arrasou por completo a súa vivenda. A caída lle provocou diversas fracturas das que está a ser atendida no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC), segundo confirmaron os bombeiros da cidade. Pola contra, o home, que tamén escapou pola fiestra sen chegar a caer, tiña algunas queimaduras e tamén foi trasladado ao CHUAC nunha UVI móbil de Urxencias Médicas. Os afectados estaban pintando a casa e, posiblemente, os propios vapores das pinturas e os disolventes provocaron unha explosión e posterior incendio que calcinou completamente o segundo piso do número sete da Rúa Martinete, no barrio do Birloque, na Coruña. A intensidade que acadaron as lapas causaron danos incluso no piso superior, engadiron os axentes da Policía Local. A explosión sorprendeu aos veciños, que, de inmediato, se puxeron en contacto co CAE 112 Galicia para pedir axuda. Eran as oito da tarde de onte. A partir de aí, os xestores do Centro de Atención ás Emerxencias activaron un operativo no que participaron os Bombeiros da Coruña e os axentes da Policía Local e os servizos sanitarios de urxencia.