Escuchar

Dúas personas resultaron feridas ao ser atropeladas por un turismo que se saíu da vía no Grove

Dúas persoas resultaron feridas tras ser arroladas por un turismo que se saíu da vía cando circulaba polo Paseo Marítimo do Grove. Os alertantes que chamaron ao CAE 112 para pedir axuda indicaron que, o turismo, ao saírse da vía arrolou a dúas persoas que se atopaban sentadas nunha terraza, no Paseo de Lordelo. Os dous feridos foron evacuados polo persoal sanitario e o condutor resultou ileso. Dende o 112 Galicia, nada mais recibir a chamada dos alertantes, pasados uns minutos das 21:30 horas de onte, solicitou a intervención do persoal sanitario e informou á Policía Local, Bombeiros do Salnés e Protección Civil do Grove. En Negreira, concretamente, na AC-544, no punto quilométrico 9.200, un condutor resultou ferido ao saírse da vía e atropelar a un cabalo. O accidente tivo lugar sobre as 23:00 horas da noite pasada. Foi a esa hora cando un particular alertou ao 112 Galicia que, de contado,  pasou aviso a Urxencias Médicas, á Garda Civil de Tráfico, GES de Brión e Protección Civil de Negreira. Do mesmo xeito, se informou aos Bombeiros de Santa Comba e ao persoal do servizo de mantemento da estrada. Por outra banda, quince minutos despois das 02:00 horas desta madrugada, os servizos sanitarios informaban ao CAE 112 Galicia tamén dunha saída de vía no lugar de Queixeiro, na localidade de Monfero. Precisaban que o condutor non podía saír do vehículo ao estar atrapado polos ferros. Por iso, de contado, alertouse aos membros do parque comarcal do Eume que, chegados ao lugar comprobaron que a persoa non estaba atrapada, polo que non tiveron que excarcerar. Aínda así, debido ás lesións ocasionadas os Bombeiros agardaron ao persoal sanitario para evacuar ao ferido. O persoal do 112 Galicia tamén solicitou a colaboración dos axentes de Tráfico.