Escuchar

Un incendio calcina en Tomiño un invernadoiro, un galpón e un coche

Un incendio declarado esta madrugada, en Tomiño, deixa diversos danos materiais. As lapas queimaron un invernadoiro, un galpón con leña e un coche. O lume tamén danou un remolque e un motocultor.

O incendio tivo lugar nunha propiedade de Fontela, en Goián. Unha persoa particular deu a voz de alarma ao 112 Galicia ás 5:15 horas desta madrugada. Segundo detallou, a vivenda máis próxima ao punto onde se declarou o lume estaba a uns 50 metros.

Con estes datos, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias do 112 alertou aos Bombeiros do Baixo Miño, ao GES da Guarda e a Protección Civil.

A esta hora, unha dotación do Grupo de Emerxencias Supramunicipal continúa arrefriando a zona.