Escuchar
Unha colisión entre dous vehículos dificulta a circulación na A-52 sen rexistrarse feridos
A colisión entre dous vehículos que circulaban pola A-52, na Autovía Vigo-Ourense, á altura da localidade de A Cañiza provocou que a circulación por ese tramo da vía se vise afectada. Os servizos sanitarios de urxencia confirmaron ao CAE 112 Galicia que aínda que se desprazou ata o lugar do suceso unha ambulancia, finalmente, non houbo que lamentar persoas feridas. Tras o aviso dun particular pasados dous minutos das 08:00 horas de hoxe, o CAE 112 Galicia pediu a intervención dos axentes da Garda Civil de Tráfico.