Escoitar

Suspendida a actividade escolar nun ratio de 800 metros a causa do incendio de Fandicosta

O incendio declarado onte na nave industrial de Moaña obrigou a suspender a actividade escolar nun radio duns 800 metros debido á fuga de amoníaco producida, así como, recomendóuselle aos veciños que confinaran nos seus domicilios durante o día de hoxe. Debido aos materiais químicos cos que se traballaba na nave, foi preciso activar o Plan Territorial de Emerxencias de Galicia (Platerga) no seu nivel 1, así como, tamén en fase de alerta o Plan de Contaminación Mariña de Galicia (Camgal) para evitar calquera episodio contaminante. Así mesmo, permanece despregado no Porto de Domaio, a Unidade  do Grupo de Apoio Loxístico (GALI) da Axencia Galega de Emerxencias, dende onde se coordina todo o operativo. O lume provocou problemas de visibilidade e obrigou a interromper o tráfico na AP-9 e na PO-551 que, a esta hora, xa está totalmente restablecido. Pese a que, a situación está controlada os servizos de emerxencia continúan no lugar ata dar por finalizada a súa extinción. O CAE 112 Galicia nada mais ter constancia do suceso sobre as 18:00 horas da tarde de onte, púxo en marcha o operativo no que participaron distintas dotacións de Bombeiros do Morrazo, Salnés, Vigo,  Baixo Miño, efectivos de Protección  Civil de Moaña, de Cangas, Vilaboa, Caldas de Reis, Forzas da Orde, Medio Ambiente, Servizo de Gardacostas de Galicia, Autoridade Portuaria, Urxencias Médicas e o Servizo de Autoestradas.

 

Resulta ferida tras caer ao Río co seu vehículo en Pereiro de Aguiar

A condutora dun vehículo que circulaba pola estrada que une as localidades de Pereiro de Aguiar e Ourense, resultou ferida despois de precipitarse ao Río dende a Ponte de Cascadón, na parroquia de Tibiás. Ás 20:30 horas de onte, a mesma condutora chamou ao CAE 112 Galicia para pedir axuda. Indicou que despois de saírse da vía caeu no Río e estaba subida ao capó do turismo. De inmediato, se requiriu a intervención dos servizos sanitarios, dos efectivos do GES de Pereiro de Aguiar e da Garda Civil de Tráfico. Os servizos de emerxencia confirmaron ao persoal do 112 Galicia que a muller foi trasladada ao Centro de Saúde da localidade e que o coche quedou somerxido no Río, á espera das guindastres, para a súa retirada.