Escuchar

Evacuada unha muller ao rexistrarse un pequeno lume na súa casa

Unha veciña da Coruña foi trasladada esta noite a un centro hospitalario por inhalación de fume ao rexistrarse un incendio de escasa consideración na súa vivenda. Os feitos tiveron lugar nun piso da rúa da Merced. O lume declarouse nunha tixola e non tivo maiores consecuencias. De feito, os Bombeiros unicamente tiveron que ventilar a vivenda.

Unha persoa particular alertou ao 112 Galicia de que vía saír fume por debaixo da porta da vítima á 1:20 horas desta madruga. Informouse aos Bombeiros da Coruña e a Urxencias Médicas. O persoal do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 tamén explicou a situación a Protección Civil e á Policía Local.