Escuchar

Excarceran unha persoa en Silleda tras producirse un choque múltiple

Unha colisión entre tres vehículos rexistrada a pasada tarde en Silleda deixa unha persoa ferida. A vítima tivo que ser excarcerada do interior do seu coche. 

O accidente tivo lugar na N-525, a estrada que une Silleda con Santiago, preto de Bandeira. Unha persoa particular contactou co 112 Galicia ás 19:00 horas de onte para dar conta do ocorrido. 

O persoal do 112 Galicia informou a Urxencias Médicas, aos Bombeiros do Deza e á Garda Civil de Tráfico. 

Para poder liberar a persoa, os Bombeiros tiveron qu acceder ao vehículo polo maleteiro e cortar o asento traseiro. 

 

Unha muller ferida ao caer dun muro en Ortigueira

Unha muller resultou ferida a pasada tarde en Ortigueira tras precipitarse dun muro. A vítima caeu dunha altura duns dous metros e medio. 

Os feitos tiveron lugar en Veiga, nas inmediacións da estrada que conecta Ortigueira con Cariño. Unha persoa particular chamou ao 112 Galicia ás 19:50 para explicar a situación. 

Dende a central de emerxencias do 112 alertouse a Urxencias Médicas.