Escuchar

Atropelan un home en Cerceda

Un home foi atropelado esta madrugada no concello de Cerceda. En concreto, o sinistro tivo lugar nunha intersección situada na Silva, na parroquia de Rodís. 

Segundo os datos facilitados ao 112, o varón foi atropelado por unha moza. A vítima foi evacuado polos efectivos sanitarios ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

O 112 Galicia tivo constancia do ocorrido minutos antes das 7:00 horas desta mañá, a través dunha alerta de Urxencias Médicas. Pola súa banda, o persoal do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 informou aos Bombeiros de Ordes, a Protección Civil, á Garda Civil e á Garda Civil de Tráfico. 

 

Reflotan un barco afundido en Muxía

Os efectivos de emerxencia reflotaron esta madrugada un barco afundido no porto de Muxía. A embarcación, denominada Hermanos Chambá, foi a pique ás 3:00 horas desta madrugada, tras sufrir unha vía de auga. 

O 112 Galicia recibiu a alerta dos feitos a través dos efectivos de Protección Civil. Segundo explicaron, no momento do afundimento non había ninguén a bordo do barco. 

O persoal do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 informou dos feitos a Salvamento Marítimo, que  enviou ao lugar a embarcación Salvamar Altair. O afundimento tamén foi posto en coñecemento do Servizo de Gardacostas de Galicia e da Garda Civil. 

Contra as 5:00 horas desta madrugada os efectivos mobilizados conseguiron reflotar a embarcación. Quedou amarrada no porto, ata onde se desprazou o seu patrón para facerse cargo da situación.