Escuchar

Trasladan a unha muller afectada pola inhalación de monóxido de carbono en Santiago

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron onte a unha muller que resultou afectada pola inhalación de monóxido de carbono, provocada pola mala combustión dun quentador na súa vivenda. Así, o relataron os bombeiros que se desprazaron ao lugar, tras ser alertados polo CAE 112 Galicia. Unha vez no punto e feitas as correspondentes medicións, comprobaron e confirmaron a alta concentración deste gas na vivenda. Tras a chamada de alerta dun particular e dos servizos sanitarios, sobre as 21:00 horas de onte, o 112 Galicia ademais de informar aos efectivos de extinción municipal, tamén solicitou a colaboración dos axentes da Policía Local e de Protección Civil. Do mesmo xeito, puxo os feitos en coñecemento do persoal da empresa subministradora do gas. Urxencias Médicas confirmou que a muller afectada fora trasladada ao Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela.