Escuchar
Un home falece ao estrelarse co seu coche contra unha árbore en Ponteareas
Un home perdeu a vida esta madrugada tras perder o control do seu vehículo e estrelarse contra unha árbore na estrada de Ponteareas a Mondariz, no concello de Ponteareas. Debido á aparatosidade do accidente, os bombeiros tiveron que excarcerar a vítima. A chamada dun particular ao fío das 05:00 da mañá alertou ao CAE 112 Galicia que, de inmediato, informou a Urxencias Médicas, Bombeiros, Garda Civil e Protección Civil de Ponteareas.