Escuchar

Liberan un neno en Ourense cunha perna atrapada nun bambán

Un equipo dos bombeiros excarcerou onte á tarde en Ourense un neno que quedou atrapado nun bambán dun parque. 

Os feitos tiveron lugar nunha zona de xogos da praza da Mariña. Unha persoa particular contactou co 112 Galicia ás 19:45 horas da pasada tarde para dar a voz de alarma. Segundo lle indicou ao 112, o menor estaba atrapado por unha perna.

Dende o Centro de Atención ás Emerxencias do 112 alertouse ao 061-Urxencias Sanitarias e aos Bombeiros de Ourense. A situación tamén foi posta en coñecemento de Protección Civil e da Policía Local. 

 

Un incendio calcina por completo un coche en Dodro

O lume calcinou por completo un vehículo en Dodro. O coche incendiouse cando circulaba pola AG-11, á altura do quilómetro 5, preto da saída de Laíño.

Foi o propio condutor do vehículo o que chamou ao 112 Galicia ás 21:00 horas da pasada noite. Segundo detallou, ningunha persoa resultara afectada. 

O persoal do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 alertou decontado aos Bombeiros de Boiro, ao GES de Padrón, á Garda Civil e á Garda Civil de Tráfico. 

O lume quedou sufocado contra as 22:00 horas. O coche foi retirado por un guindastre.