Escuchar

Trasladada unha menor despois de ser atropelada por un turismo na Pobra do Caramiñal

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron a unha nena que resultou ferida de consideración tras ser atropelada por un turismo, na Pobra do Caramiñal. 

O atropelo tivo lugar nun paso de peóns, na rúa Gasset, á altura do número 72. Foron varios particulares os que  chamaron ao CAE 112 Galicia, sobre as 20:15 horas da tarde pasada para pedir axuda.


A partir de aí, dende o Centro de Atención ás emerxencias de Galicia se pasou aviso a Urxencias Médicas que, trasladou á menor ao Hospital do Barbanza.

Así mesmo, solicitouse a colaboración da Policía Local e de Protección Civil. Do mesmo modo, tamén se informou aos bombeiros de Ribeira.

Caída de moto en Santiago
Por outra banda, pasados uns minutos das 21:00 horas de onte, rexistrábase outro accidente en Santiago de Compostela. Tratouse dunha caída de moto e a motorista resultou ferida.

O accidente ocorreu na SC-20, ao redor do punto quilométrico 10. Tras recibir o aviso do alertante, dende o 112 Galicia informouse a Urxencias Médicas e aos axentes de Tráfico e da Policía Local.

Os Bombeiros e os efectivos de Protección Civil tamén foron informados.