Escuchar
Unha muller faleceu tras incendiarse unha casa en Oleiros
Unha muller faleceu esta noite tras incendiarse unha casa situada na Rúa das Escolas, no termo municipal de Oleiros. Se tratou dunha dunha vivenda unifamiliar, na que, segundo indicaron os alertantes que chamaron ao CAE 112 Galicia para pedir axuda, vivían dúas persoas que podían estar no interior da vivenda no momento de producirse o incendio. Por iso, de inmediato, o persoal do Centro de Atención ás Emerxencias informou aos servizos sanitarios de urxencia e aos bombeiros de Arteixo, que unha vez no lugar, confirmaron o falecemento da muller-única ocupante da vivenda nese intre- Ademais, indicaron que ardeu a casa por completo e o teito derrubouse. Dende o 112 Galicia tamén se solicitou a intervención dos axentes da Policía Local e dos efectivos de Protección Civil de Oleiros. O incendio tivo lugar ao fío das 00:00 horas desta noite.
 
Localizan a unha muller falecida que desaparecera do seu domicilio en Redondela
Un particular atopou esta madrugada o corpo sen vida dunha muller que faltaba do seu domilicio dende as 15:00 horas deste domingo. O cadáver foi localizado no río que transcorre preto do pobo de Os Valos, pasados uns minutos da 01:00 horas de hoxe. O CAE 112 Galicia tivo constancia da desaparición, grazas á chamada da Policía Local de Redondela ao redor das 22:30 horas de onte, que solicitaba a mobilización da Unidade de cans de rescate da agrupación de voluntarios de Protección Civil de A Estrada, polo que, de seguido, se puxo en marcha un dispositivo de busca no que participou a unidade de cans de A Estrada, axentes da Garda Civil e da Policía Nacional, efectivos de Protección Civil de Redondela e veciños e familiares da falecida.  Ademais, se informou aos servizos sanitarios de urxencia por si tiveran constancia do traslado da muller a algún centro hospitalario.