Escuchar

Unha persoa ferida nunha saída de vía en Ferrol

Unha saída de vía sáldase cunha persoa ferida en Ferrol. Aínda que nun primeiro momento se indicou que a vítima estaba atrapada no interior do seu vehículo, finalmente puido abandonar o coche polos seus propios medios.

O accidente tivo lugar na estrada da Malata. Unha persoa particular chamou ao 112 Galicia ás 7:45 horas desta mañá para alertar dos feitos. Segundo indicou, tras o sinistro o vehículo quedou na beira dun río, con risco de caer.

Dende o Centro de Atención ás Emerxencias do 112 Galicia informouse a Urxencias Médicas e aos Bombeiros de Ferrol, que se desprazaron ao punto cun equipo de excarceración. A situación tamén foi posta en coñecemento de Protección Civil e da Policía Local.

A vítima acabou sendo trasladada polos efectivos sanitarios ao Hospital Arquitecto Marcide da cidade.