Escuchar
Un operario faleceu en A Estrada ao sufrir unha descarga eléctrica mentres soldaba unha máquina
Un operario faleceu tras sufrir unha descarga eléctrica cando soldaba unha máquina. O accidente, tivo lugar nunha nave que a empresa –de maquinaria agrícola e forestal- para a que traballaba a vítima, sitúa no lugar de A Riba, na localidade de A Estrada. Tras recibir a alerta dun particular ás 21:58 horas deste Martes, o CAE 112 Galicia, de inmediato, pasou aviso a Urxencias Médicas que desprazou unha ambulancia ata o lugar, aínda que lamentablemente, nada se puido facer por salvarlle a vida. Así mesmo, a Garda Civil e os efectivos do GES de A Estrada tamén foron informados polo 112 Galicia.
 
Unha muller resultou ferida de consideración tras saírse da vía en Narón (A Coruña)
Unha muller resultou ferida de consideración tras saírse da vía o vehículo que conducía cando circulaba pola estrada CP-3602, á altura de O Confurco, no termo municipal de Narón. Segundo indicou o particular que chamou ao CAE 112 Galicia para pedir axuda, a muller, se atopaba no interior do vehículo e non a podían sacar, ademais, o coche,  corría perigo de caer por un barranco. Por iso, dende o 112 Galicia se pediu a intervención dos Bombeiros de Ferrol que aínda que non tiveron que excarcerar si axudaron a sacar á persoa do vehículo sinistrado. O CAE 112 Galicia, ademais de alertar aos bombeiros e aos servizos sanitarios de urxencia, tamén solicitou a colaboración da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local, dos efectivos do GES de Mugardos e de Protección Civil de Narón. O accidente tivo lugar ás 02:39 horas desta madrugada.