Escuchar

Arden tres estancias dunha nave abandonada en Vilaboa

Os bombeiros do Morrazo extinguiron un lume que calcinou parte dunha fábrica –sen actividade- na localidade pontevedresa de Vilaboa, en Figueirido.

Ao fío das 21:30 horas de onte,  varios particulares informaban do incendio ao CAE 112 Galicia. Indicaban que había un lume a uns 30 metros dunhas casas, a carón do campo de fútbol.
 
De inmediato, pasouse aviso aos membros do parque comarcal do Morrazo e aos axentes da Garda Civil e Policía Autonómica. Así mesmo, puxéronse os feitos en coñecemento do persoal do servizo provincial de incendios.

Sobre as 23:00 horas, os bombeiros do Morrazo aseguraban ao persoal do 112 Galicia que o lume estaba totalmente extinguido. Arderon tres estancias no interior da nave, resultando toda ela, afectada polo fume.

Os Bombeiros de Pontevedra  e os efectivos de Protección Civil de Vilaboa tamén foron informados da situación.

Ata o momento descoñécense as causas da orixe do incendio. 

 

Identificado o cadáver do home localizado onte nunha praia de Porto do Son

Efectivos de Protección Civil de Porto do Son confirmaron ao persoal do 112 Galicia que, o cadáver atopado onte na praia de Queiruga, xa foi identificado. Indicaron que se trataba da mesma  persoa que buscaban dende a mañá dese mesmo día.

Os mesmos efectivos de Protección Civil formaban parte do operativo de busca que coordinou a  Garda Civil.  

O corpo foi atopado sobre as 18:30 horas de este mércores por unha persoa particular –quen deu a voz de alarma ao 112 Galicia- no medio do areal.