Escuchar

Unha persoa afectada por un incendio dentro un garaxe en Coruña

O lume comezou nunha papeleira situada nos soportais dun garaxe do número tres da Avenida da Habana, na Coruña. O dono do inmoble inhalou fume cando trataba de sufocar as lapas cun extintor e tivo que ser trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC). Ocorreu pouco despois da media noite. Os profesionais do 112 Galicia informaron ao persoal de Urxencias Médicas, aos bombeiros da cidade e aos axentes da Policía Local. Por outra banda, en Sanxenxo, arderon varios contedores durante esta noite. Nun dos casos, o lume afectou a un edificio lindeiro onde estalou un cristal e mesmo unha persoa, que estivo exposta ao lume, sufriu mareos e foi atendida polos profesionais de Urxencias Médicas. O 112 Galicia rexistrou o suceso a carón da gasolineira de Vilalonga, ás 3:30 horas da madruga e, dende o Centro de Atención ás Emerxencias de Galicia, se informou aos Bombeiros do Salnés, aos membros do GES de Sanxenxo e as forzas da orde. Finalmente, ardeu unha papeleira, un contedor grande e unha máquina expendedora.