Escuchar
Unha colisión entre un tráiler e unha furgoneta na AP-9, en Barro, saldouse con dúas persoas feridas
Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron a dúas persoas ao Hospital de Montecelo que resultaron feridas tras producirse unha colisión por alcance entre un tráiler e unha furgoneta, na AP-9, dirección Coruña, en Barro. Tras o aviso dun particular ao fío das 07:00 horas de hoxe, o CAE 112 Galicia informou á Garda Civil de Tráfico, a Protección Civil de Barro, e ao persoal de Autoestradas da AP-9. Urxencias Médicas xa tiña constancia do suceso.
 
Localizada unha fuga de monóxido de carbono nunha fábrica sen actividade e sen causar danos persoais en Bergondo (A Coruña)
Os Bombeiros de Betanzos localizaron e taponaron esta noite unha fuga de gas nunha tubaria situada na fachada dunha nave -sen actividade- situada na parroquia de Guísamo, en Bergondo. Os efectivos de Protección Civil de Bergondo, alertados polo persoal de recollida de lixo, pedían axuda ao 112 Galicia tras apreciarse un forte cheiro a butano no interior da nave. Por iso, dende o 112 Galicia, ademais de informar aos técnicos da empresa subministradora, pediu a intervención da Garda Civil e dos Bombeiros de Betanzos, que unha vez no lugar e feitas as correspondentes medicións, comprobaron que se tratou dunha fuga de monóxido de carbono. Así mesmo, indicaron que o roubo de parte da tubaria de cobre puido ser a causa mais probable da fuga deste gas. O suceso tivo lugar ao redor das 23:00 horas deste Domingo.
 
Un motorista resultou ferido tras colidir dúas motos e un coche na AP-9, Vilaboa (Pontevedra)
Un motorista resultou ferido tras colidir dúas motos e un coche que circulaban pola AP-9, na entrada da Ponte de Rande, dirección Vigo, á altura do termo municipal de Vilaboa. Tras o aviso de varios particulares, dende o CAE 112 Galicia se informou a Urxencias Médicas, á Garda Civil de Tráfico e ao persoal de Control de Autoestradas da AP-9. O accidente tivo lugar ás 21:51 horas. Por outra banda, tamén onte ao redor das 19:00 horas, rexistrábase no CAE 112 Galicia a chamada dun particular que pedía asistencia sanitaria para un motorista ferido na Avendia Atlántida, en Vigo. De inmediato, se pasou aviso a Urxencias Médicas quen confirmou a gravidade do motorista ferido. Tamén se pediu a intervención da Policía Local e de Protección Civil.