Escuchar

Unha persoa resultou ferida de gravidade tras sufrir un accidente en Pantón

Unha persoa resultou ferida de gravidade tras sufrir un accidente co vehículo que conducía cando circulaba pola N-120, entre os Peares e o alto de Guitarra, á altura da localidade lucense de Pantón.  Foi un particular quen, ao fío das 00:30 horas desta madrugada avisou ao CAE 112 Galicia dun coche accidentado e cunha persoa ferida de carácter grave. A partir de aí, de inmediato, se alertou a Urxencias Médicas e aos Bombeiros de Monforte. A intervención dos axentes de Tráfico tamén foi requirida polo persoal do 112 Galicia.