Escuchar

Buscan por terra, mar e aire a un mergullador desaparecido onte no Peirao de Carril

Un operativo  posto en marcha por Salvamento Marítimo  busca dende onte por terra, mar e aire a un mergullador desaparecido no Peirao de Carril, en Vilagarcía de Arousa. Un particular indicaba ao persoal do CAE 112 Galicia que o seu amigo entrara na auga facía dúas horas e non o volvera a ver. Decontado, nada mais recibir a chamada de alerta sobre as 21:00 horas de onte, o 112 Galicia puxo os feitos en coñecemento de Salvamento Marítimo que, dende esa hora activou o operativo de busca. Dúas embarcacións e un helicóptero de Salvamento se ocuparon da busca do desaparecido ata a media noite. Así como, Bombeiros de Vigo,  efectivos da Policía Nacional e de Protección Civil se ocuparon de facer o rastrexo por terra. O Servizo de Garda Costas de Galicia tamén foi informado polo CAE 112 Galicia. Hoxe está previsto que se incorporen á busca os buzos da Garda Civil. 

 

Os servizos sanitarios atenden a tres persoas afectadas por inhalación de fume ao arder unha pota en Vilagarcía

Os servizos sanitarios atenderon esta madrugada a tres persoas nun domicilio afectadas pola inhalación do fume que provocou unha pota que quedou ao lume. Pasaban uns minutos das 04:30 horas desta noite cando un particular indicou ao 112 Galicia que no piso dos veciños, situado na Avenida de Cambados,  había moito fume e non se atopaban ben. Así, de inmediato, pasouse aviso a Urxencias Médicas e aos Bombeiros de Vilagarcía que unha vez no lugar, confirmaron que ardera, unicamente  unha pota, e que xa fora sufocada polo propietario da vivenda. A Policía Local, Nacional e os membros do Servizo de Emerxencias de Vilagarcía tamén foron alertados polo persoal do 112 Galicia.