Escuchar

Falece no Porriño tras sufrir un accidente de moto

Unha persoa faleceu tras sufrir un accidente coa moto que conducía á altura da parroquia de Atios, concretamente, na estrada de As Cabadas, na localidade do Porriño. Nada mais recibir a chamada de alerta dun particular, o CAE 112 Galicia pasou aviso a Urxencias Médicas, Forzas da Orde e Protección Civil, aínda que chegados ao punto, só puideron confirmar o falecemento  da persoa. Os Bombeiros de Baixo Miño tamén foron informados do sinistro e se ocuparon das tarefas de limpeza da vía. 

 

Unha liorta en Sanxenxo deixa, alomenos, un ferido

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron ao Centro de Saúde da localidade a unha persoa que resultou ferida tras verse implicada nunha liorta na zona do Porto de Sanxenxo. Ao fío das 06:00 horas de hoxe, o CAE 112 Galicia recibía diferentes chamadas de diversos particulares que alertaban do que estaba acontecendo. Indicaban que había unha pelexa entre unhas 10-15 persoas e a xente saía coas roupas ensanguentadas, incluso un dos alertantes aseguraba que un dos implicados estaba inconsciente. Así, de inmediato, o 112 Galicia puxo os feitos en coñecemento dos axentes de seguridade  e dos servizos sanitarios que confirmaron o traslado do ferido ao centro sanitario.