Escuchar
Dúas mulleres resultaron feridas en Sanxenxo ao precipitarse un montacargas dende cinco metros de altura
Os servizos sanitarios de urxencia atenderon en Sanxenxo a dúas mulleres que resultaron feridas ao caer un elevador dende cinco metros de altura. As mulleres, que, pese ás feridas, mantiveron en todo momento a consciencia, estaban cargando algo no elevador cando, por razóns que se descoñecen, cedeu e as afectados caeron directamente ao chan. O montacargas se atopa no interior dun garaxe dun edificio situado no lugar da Torre, en Sanxenxo. Tras recibir a alerta ás 12:40 horas de hoxe, o persoal do CAE 112 Galicia pediu a colaboración do Servizo Municipal de Emerxencias.