Escuchar

Trasladas dúas persoas por intoxicación de monóxido de carbono nunha vivenda do Corgo

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron esta mañá ao HULA a dúas persoas afectadas por intoxicación de fume producido na súa vivenda, no concello do Corgo, en San Fiz.

Os Bombeiros de Sarria que acudiron ao domicilio, tras ser alertados polo CAE 112 Galicia, indicaron que a intoxicación puido ser debida a unha fenda na cheminea na cociña de leña que durante toda a noite filtrou fume e provocou a indisposición dos afectados.

Eran as 8:30 horas desta mañá, cando o persoal sanitario indicaba ao 112 Galicia que unha ambulancia se dirixía ao domicilio para atender a dúas persoas afectadas por un posible escape de gas.
 
Decontado, pasouse aviso aos membros do parque comarcal e á Garda Civil. O persoal da empresa subministradora do gas tamén foi informado do suceso polo 112 Galicia.

 

  

Unha colisión múltiple deixa unha muller ferida en Noia

Unha muller resultou ferida nun accidente múltiple ocorrido na CG-1.5, dirección Santiago, á altura do termo municipal de Noia.

Ao redor das 09:00 horas de hoxe, un particular pedía axuda ao CAE 112 Galicia, indicaba que se acababa de producir unha colisión entre catro turismos e, unha muller precisaba asistencia sanitaria. Foi entonces cando, dende o 112 Galicia se solicitou a intervención de Urxencias Médicas e da Garda Civil de Tráfico.  Tamén, se informou aos Bombeiros de Boiro e aos efectivos do GES de Brión e de Protección Civil da localidade.

A intervención do persoal do servizo de limpeza e mantemento da estrada tamén foi requirida polo persoal do 112 Galicia.