Escuchar

Unha nena resultou ferida ao chocar dous turismos en Redondela

Unha nena resultou ferida esta mañá despois de producirse unha colisión entre dous vehículos en Redondela. Os turismos circulaban pola Avenida de Santa Mariña, e, debido ao impacto, a menor precisou ser atendida polo persoal sanitario.

Pasaban uns minutos das 09:15 horas de hoxe, cando un alertante informaba da colisión ao CAE 112 Galicia. Aseguraba, ademais, que había unha menor ferida porque o impacto fora bastante grande.  Así, dende o 112 Galicia pasouse aviso a Urxencias Médicas, á Policía Local e aos efectivos do Servizo de Emerxencias de Redondela.    

Dous feridos en Sober
Dúas persoas resultaron feridas no concello lucense de Sober ao producirse unha colisión -por alcance- entre dous turismos, no lugar de Canaval.

Ao redor das 11:30 horas desta mañá, persoal sanitario informaba do accidente ao CAE 112 Galicia que, así mesmo, informou aos axentes de Tráfico e aos bombeiros de Monforte. 

 

Unha mancha de aceite provoca un accidente na A-55 e unha persoa resulta ferida

Unha mancha de aceite na estrada foi a causa dun accidente ocorrido na A-55, no punto quilométrico 12, dirección Vigo, en Mos.

Testemuñas que presenciaron o accidente, indicaron ao CAE 112 Galicia que a calzada estaba moi perigosa, polo que, pasouse aviso á Garda Civil de Tráfico e ao persoal do servizo de mantemento da estrada.  

Aínda que nun primeiro momento, o CAE 112 Galicia non tiña constancia de que houbese persoas feridas, unha vez chegados ao punto, os servizos de emerxencia confirmaron que había unha persoa que precisaba asistencia. Así, de inmediato, tras poñer os feitos en coñecemento do persoal  sanitario, unha ambulancia se trasladou ata o lugar do accidente. Tamén se solicitou a colaboración dos Bombeiros de Baixo Miño e a dos efectivos de Protección Civil.

 O CAE 112 Galicia tivo constancia do accidente ás 12:20 horas deste mediodía.