Escuchar

Excarcerada unha muller en Vilardevós tras envorcar o vehículo que conducía

Unha muller foi excarcerada esta mañá tras quedar atrapada despois de envorcar o vehículo que conducía.

O accidente tivo lugar na recta de Enxames, á altura do concello ourensá de Vilardevós.

Ao fío das 10:00 horas de hoxe, Urxencias Médicas solicitaba ao CAE 112 Galicia, medios para poder sacar á condutora do interior do vehículo sinistrado. Así, decontado, alertouse aos Bombeiros de Verín que, unha vez no lugar, liberaron á condutora e única ocupante do vehículo.

A intervención dos axentes de Tráfico e dos efectivos de Protección Civil de Vilardevós tamén foi requirida polo persoal do 112 Galicia. 

 

Arde, na súa totalidade,  un vehículo na A-55

Os servizos de emerxencia desprazáronse ata o quilómetro 10-15, da Autovía, no concello de Mos, para apagar un lume que se propagou nun vehículo.

Ninguén resultou ferido.

O seu condutor e único ocupante do vehículo puido saír do turismo cando comezou a arder e alertar así,  aos servizos de emerxencia.

De igual modo, varios particulares, sobre as 12:00 horas deste mediodía, poñíanse en comunicación co persoal do 112 Galicia para informar da situación. Ao mesmo tempo, indicaban que estaban tratando de apagar as lapas coa axuda de varios extintores.

A partir de aí, dende o 112 Galicia pasouse aviso aos Bombeiros de Baixo Miño. Tamén se requiriu a colaboración dos axentes de Tráfico e dos efectivos de Protección Civil de Mos que, coa axuda dos membros do parque comarcal, apagaron o lume.  

Os Bombeiros de Vigo tamén foron informados, aínda que, finalmente, non foi precisa a súa intervención.

Polo momento, descoñécense as causas que orixinaron o incendio e que calcinou o turismo na súa totalidade.