Escuchar

Desaloxo dunha escola infantil en Betanzos por mor dunha alarma de incendios

Unha escola infantil de Betanzos está a ser desaloxada por mor dunha alarma de incendios. O persoal da escola está evacuando, aproximadamente, a 300 nenos. Foi o persoal do aulario infantil, situado na rúa Carregal, quen alertaba ao 112 Galicia ás 12:40 horas. Indicaba no seu relato que non vían nin fume nin lume.

Decontado, dende o Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia pasouse o aviso á Policía Local, a Protección Civil e aos Bombeiros de Betanzos.