Escuchar

Unha persoa ferida nun choque múltiple en Culleredo

Un accidente de tráfico rexistrado esta mañá en Culleredo, no que se viron implicados catro vehículos, deixa unha persoa ferida de carácter leve.

O sinistro tivo lugar na estrada do Burgo, á altura de Almeiras. Foi unha persoa particular a que deu a voz de alarma ao 112 Galicia ás 12:00 horas desta mañá.

O persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias do 112 informou dos feitos ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Arteixo, a Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico.