Escuchar
Unha muller resultou ferida tras ser atropelada por un tren en Ferrol
Unha muller resultou ferida esta mañá tras ser atropelada pola locomotora dun tren que circulaba á altura de Ponte das Cabras, á entrada da cidade de Ferrol. Foi o propio maquinista quen chamou ao CAE 112 Galicia para advertir do accidente. De inmediato, se pasou aviso aos servizos sanitarios de urxencia e aos Bombeiros de Ferrol, ademais, se pediu a intervención dos axentes da Policía Nacional e de Protección Civil. Segundo confirmou o Centro de Seguridade de Renfe, a circulación de convois está, nestes intres, interrompida, e, a muller xa foi trasladada en ambulancia ao Hospital Arquitecto Marcide. O accidente tivo lugar ás 11:42 horas de hoxe.
 
Unha colisión múltiple na A-55 sáldase con dúas persoas feridas
Un accidente con tres vehículos implicados deixou esta mañá a dúas persoas feridas que tiveron que ser trasladadas polos servizos sanitarios de urxencia a un centro hospitalario. A colisión tivo lugar na A-55, dirección Vigo, á altura do termo municipal de Mos. Tras o aviso dun particular ás 10:26 horas de hoxe, o CAE 112 Galicia, alertou ademais de a Urxencias Médicas, á Garda Civil de Tráfico e aos efectivos do Servizo de emerxencias de Mos. Tamén se informou ao servizo de conservación e mantemento de autestradas.