Alertas activas:

Escuchar

Controlado o incendio do serradoiro de Vilalba

Os efectivos de emerxencia dan por controlado dende as 9:00 horas desta mañá o incendio industrial declarado nun serradoiro de Vilalba.

Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, os corpos mobilizados continúan aínda a esta hora traballando para sufocar as lapas. No punto están a operar dotacións dos Bombeiros de Vilalba e de Barreiros e membros de Protección Civil, entre outros.

Polo de agora, no Centro de Atención ás Emerxencias do 112 non hai constancia de danos persoais.

O lume declarábase contra as 5:45 horas desta mañá nas instalacións que o serradoiro ten no Polígono Industrial da localidade. A esa hora, unha persoa particular alertaba da situación ao 112 Galicia.

Incendio de Ourense
En Ourense, entre tanto, os servizos de emerxencia tamén seguen a traballar na casa calcinada esta madrugada.

Segundo se lle acaba de indicar ao 112 Galicia, os efectivos mobilizados aínda non puideron recuperar o corpo da persoa que perdía a vida a consecuencia do incendio.

As tarefas para acceder ao interior da vivenda están a resultar complicadas, xa que o inmoble viuse totalmente afectado polo lume. Así e todo, segundo explicaron os Bombeiros ao persoal do 112, polo de agora aínda é cedo para facer unha avaliación dos danos.

 

Un operario sofre a amputación dun membro ao cortarse cunha radial

Accidente laboral en Cambados. Un traballador sufriu a amputación dun membro ao cortarse cunha radial mentres traballaba nunha nave do Polígono Industrial do Salnés.

O 112 Galicia recibiu a chamada dos responsables da empresa na que se produciron os feitos ás 10:00 horas desta mañá. O persoal do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 alertou a Urxencias Médicas, a Protección Civil e á Garda Civil.

Os efectivos sanitarios trasladaron á vítima nunha ambulancia ao Hospital do Salnés.