Escuchar
Un tren de mercancías descarrila en Santiago de Compostela sen causar feridos
Un tren de mercadorías descarrilou tres dos seus vagóns esta mañá na Susana, Santiago de Compostela, debido a unha manobra realizada polo maquinista cando efectuaba un cambio de vía. Trátase dun convoi destinado ao transporte de cemento, aínda que no momento do accidente ía baleiro. A circulación de trens de viaxeiros continuou sen alteración, aínda que si foron anulados dous trens de mercadorías ata que a vía quede totalmente despexada, o cal estímase que será cara as 16:00 horas desta tarde. Policía Local avisaba sobre as 11:00 desta mañá ao CAE 112 Galicia, quen púxoo en coñecemento de Adif.
 
Un traballador falece en Santiso nun accidente laboral
Un traballador faleceu esta mañá en Santiso, A Coruña, ao quedar atrapado entre unha pa e unha parede, cando realizaba labores de roza no cemiterio de San Román.  A vítima tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Arzúa. O persoal do CAE 112 Galicia avisou, ademais dos efectivos do parque comarcal, a Urxencias Médicas, que confirmaron o falecemento do operario.