Escuchar
Un camión sinistrado provocou que se cortase a circulación na A-55 sen causar danos persoais
Un camión que fixo a tesoira foi a causa de que a A-55, sentido Vigo, quedase cortada ao tráfico. Así o relataron varios particulares que chamaron ao CAE 112 Galicia para pedir axuda. Aseguraban que o tráiler –camión frigorífico- cortaba totalmente os carrís de circulación sentido Vigo, no punto quilométrico 28, á altura do termo municipal de Tui. De inmediato, se pasou aviso á Garda Civil de Tráfico, quen confirmou o corte da Autovía. Ademais, se requiriu a presenza dos bombeiros de Baixo Miño para a limpeza da vía por mor do verquido de aceite que quedou derramado pola estrada. O 112 Galicia, puxo en alerta Urxencias Médicas, aínda que, xa se confirmou que ninguén resultara ferido, así como aos efectivos de Protección Civil de Tui que, arestora, continúan có resto dos medios traballando no lugar do accidente.  O Centro de Atención ás Emerxencias recibiu a chamada de alerta ás 12:36 horas.
 
Tres persoas resultaron feridas tras rexistrarse dúas saídas de vía en Ribeira e Oleiros (A Coruña)
Un total de tres persoas resultaron feridas esta mañá en Ribeira e Oleiros respectivamente. No primeiro caso, unha muller tivo que ser atendida polos servizos sanitarios de urxencia tras resultar ferida despois de saírse da vía o vehículo que conducía cando circulaba pola Estrada de Ribeira a Aguiño, na Rúa San Roque, no municipio de Ribeira. O CAE 112 Galicia tras recibir a alerta dun particular, informou aos servizos sanitarios de urxencia que unha vez no lugar indicaron que o coche quedou ladeado e a muller non podía saír do vehículo, polo que, se pasou o aviso aos bombeiros de Ribeira quen alertou tamén aos de Boiro. Ademais, o 112 Galicia pediu a intervención da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local, dos efectivos do GAEM e de Protección Civil de Ribeira. Finalmente, os Bombeiros, comunicaron que a condutora estaba sendo trasladada polos efectivos sanitarios a un centro hospitalario de referencia e que non tiveron que excarcerar. O accidente tivo lugar ás 09:48 horas desta mañá. Por outra banda, en Oleiros, tamén o CAE 112 Galicia, ás 10:06 horas,  rexistraba outra saída de vía con dúas persoas feridas. Segundo informaron os servizos sanitarios de urxencia, o accidente tivo lugar, na Estrada de Perillo a Montrove, na parroquia de Perillo. Neste caso, o Centro de Atención ás Emerxencias pasou aviso á Garda Civil de Tráfico e aos efectivos do Servizo Municipal de Protección Civil de Oleiros que se encargou da recollida do combustible que o vehículo derramou pola estrada e que neste intre quedou completamente limpa.