Escuchar

Atopan o corpo dunha persoa flotando na auga en Carballo

Unha embarcación de Salvamento recuperou esta mañá o corpo dunha persoa que apareceu flotando no mar, na zona de Baldaio, en Carballo. O cadáver foi atopado por un pesqueiro que choiaba pola zona.

Sobre as 11:30 horas, a Policía Local comunicaba o achado ao persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia que, ao mesmo tempo informou á Garda Civil. Os axentes –que xa tiñan constancia do suceso- indicaron que, tras ser rescatado, o corpo ía ser trasladado na embarcación ata o Porto da Coruña.

Polo momento, as Forzas da Orde descoñecen a identidade da persoa.