Escuchar

Un home ferido ao caer por unha fiestra en Pontevedra

Un home resultou ferido esta mañá en Pontevedra tras precipitarse dende a fiestra dun piso. Os feitos tiveron lugar nun edificio da rúa Gutiérrez Mellado. 

Unha persoa particular contactou co 112 Galicia ás 12:40 horas desta mañá para dar conta da situación. Segundo indicou, a vítima permanecía tendida na vía pública. 

Dende o Centro de Atención ás Emerxencias do 112 alertouse a Urxencias Médicas e á Policía Nacional.