Escuchar
Un operario resulta ferido grave en Tui ao caerlle unha árbore enriba
Un traballador, que realizaba labores de limpeza da vía férrea en Tui, resultou ferido de gravidade ao caerlle unha árbore enriba. O operario foi evacuado en ambulancia ao Hospital Xeral de Vigo, aínda que tamén foi mobilizado o helicóptero medicalizado con base en Ourense. O ferido se atopaba, xunto con outros compañeiros, rozando e tallando árbores e maleza nas marxes da vía do tren, cando, de súpeto, lle caeu unha árbore, relataron os particulares que chamaron ao 112 Galicia para pedir axuda. O golpe lle provocou feridas de gravidade, polo que os servizos sanitarios de urxencia decidiron mobilizar o helicóptero con base en Ourense, pero, finalmente, o ferido puido ser trasladado en ambulancia. O persoal do CAE 112 Galicia, tras recibir a alerta ás 11:00 horas desta mañá, pediu a colaboración das forzas da orde e dos efectivos de Urxencias Médicas.    
 
Unha muller foi rescatada dunha piscina de Ribeira con síntomas de afogamento
Unha muller foi trasladada esta mañá ao Hospital do Barbanza tras ser rescatada dunha piscina con síntomas de afogamento. A muller se atopaba nadando nas instalacións do Complexo da Fieiteira cando sucederon os feitos. Ás 10:20 horas de hoxe, un particular solicitou axuda inmediata ao CAE 112 Galicia cuxo persoal pediu a intervención das Urxencias Médicas.  
 
Unha colisión entre dous turismos se salda cun menor ferido en Teo
Un menor foi trasladado esta mañá ao Hospital Clínico de Santiago de Compostela a causa das feridas provocadas por un choque fronto-lateral entre dous turismos na AC-841, en Cacheiras (Teo). Ademais do menor ferido, o accidente deixou bastantes danos materiais que tiveron que ser retirados polos servizos de limpeza e mantemento da Consellería do Territorio. Tras a alerta dun particular ás 11:30 horas de hoxe, o persoal do CAE 112 Galicia activou un operativo no que participaron Urxencias Médicas, Garda Civil de Tráfico, o Servizo Municipal de Protección Civil de Teo e o GES da Estrada. É o segundo menor ferido nun accidente tráfico no que levamos de día. A primeira hora desta mañá, outro cativo tivo que ser trasladado en Barbadás despois de ser atropelado na Avenida de Celanova.