Escuchar

Unha muller resulta ferida ao envorcar o seu vehículo despois de saírse da vía en Cerdedo

Unha muller foi evacuada esta mañá polos servizos sanitarios de urxencia ao resultar  ferida despois de envorcar o vehículo que conducía. A muller, circulaba nese intre pola estrada N-541, á altura da localidade de Cerdedo. Un particular alertou ao CAE 112 Galicia sobre as 11:30 horas e indicou que a ferida, única ocupante, estaba fora do vehículo e aínda que estaba consciente, precisaba asistencia sanitaria. Así, o persoal do 112 Galicia solicitou a intervención dos servizos sanitarios que enviaron unha ambulancia para evacuar á muller ferida. De igual xeito, pasouse aviso aos Bombeiros do Deza,  Garda Civil de Tráfico, GES de A Estrada e aos efectivos de Protección Civil de Cerdedo. Tamén, en Pontevedra, minutos antes das 11:00 horas de hoxe, tivo lugar unha colisión entre tres vehículos que circulaban pola PO-542, dirección Pontevedra. O particular que chamou ao CAE 112 Galicia para alertar do suceso, indicou que unha mancha de aceite ou gasóleo que había na vía puido ser a causa da colisión. Ademais, solicitou asistencia sanitaria para unha das implicadas que se queixaba de dor nas costas. Por iso, se pasou aviso a Urxencias Médicas e se informou aos Bombeiros de Pontevedra, Garda Civil de Tráfico e Protección Civil de Pontevedra. O persoal do servizo de mantemento da estrada tamén foi alertado polo 112 Galicia, para a limpeza da vía.