Escuchar
 

Noticias destacadas no período comprendido entre as 08:00 e as 12:00 horas

Falece un home ao quedar atrapado baixo o tractor que conducía despois de saírse da vía en Mondariz
Un home faleceu este mediodía tras quedar atrapado baixo o tractor que conducía despois de saírse da vía cando circulaba á altura de Sabaxáns, no termo municipal pontevedrés de Mondariz. Nada mais, recibir a chamada dun particular pasados uns minutos das 12:00 horas de hoxe, e indicar que a persoa estaba debaixo do vehículo, o 112 Galicia, informou aos bombeiros de Ponteareas e Baixo Miño. Tamén se pediu a intervención dos axentes da Garda Civil e dos servizos sanitarios de urxencia, que unha vez no lugar só puideron confirmar o falecemento da persoa. Neste intre, os servizos de emerxencia traballan no lugar do suceso para liberar á persoa falecida.
 
Un operario resultou ferido de consideración en A Pontenova tras ser atropelado por unha máquina coa que traballaba
Os servizos sanitarios de urxencia evacuaron esta mañá a un traballador que resultou ferido despois de ser atropelado por unha máquina, mentres realizaba o seu traballo no Concello de A Pontenova. Debido á importancia das lesións ocasionadas, se requiriu a presenza do helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela, que esperaba ao ferido no campo de fútbol da localidade. Dende o CAE 112 Galicia, tras ser alertados polos servizos sanitarios, se solicitou a colaboración dos axentes da Garda Civil e dos efectivos do GES e de Protección Civil de A Pontenova. O accidente tivo lugar sobre as 12:00 horas de hoxe.