Escuchar

Unha muller ferida ao esnafrase contra a mediana da AP-9 en Padrón

Unha saída de vía deixa unha muller ferida na AP-9, ao seu paso polo concello de Padrón. O seu vehículo esnafrouse contra a mediana da autoestrada á altura do quilómetro 88, en sentido Santiago.

Ata o lugar do sinistro mobilizouse un helicóptero medicalizado, aínda que a vítima acabou sendo trasladada en ambulancia ata un centro hospitalario.

Unha persoa particular alertou do accidente ao 112 Galicia ás 9:30 horas desta mañá. Dende o Centro de Atención ás Emerxencias do 112 informouse a Urxencias Médicas e ao GES de Padrón. Os feitos tamén foron postos en coñecemento da Garda Civil de Tráfico.

A consecuencia do accidente, houbo que cortar un carril da AP-9, o que condicionou a circulación na zona durante esta mañá.