Escuchar

Unha muller ferida ao ser atropelada en Vigo

Unha muller resultou ferida esta mañá ao ser atropelada por un coche en Vigo. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o turismo continuou a marcha despois de arroiar á vítima.

Os feitos producíronse na rúa de Jenaro de la Fuente, na parroquia de Lavadores, ao fío das 11:45 horas. Nese momento, un particular contactaba co 112 Galicia para informar do ocorrido.

Decontado, dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia pasábase o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, á Policía Local e aos Bombeiros de Vigo.