Escuchar

Calcinado o tellado e a primeira planta dunha vivenda en Trazo

O incendio declarado esta madrugada no lugar de Mirallada, en Trazo, arrasou por completo o tellado e a primeira planta dunha casa. O home que estaba no interior da vivenda foi rescatado por un veciño e, aínda que sufriu danos, o seu estado apenas revestía gravidade. De feito, foi atendido no punto polos servizos sanitarios de urxencia. 

O lume comezou arredor das 6:30 de hoxe e foron os axentes da Policía Nacional quen informaron ao persoal do 112 Galicia. Dende o Centro de Atención ás Emerxencias informouse aos Bombeiros de Ordes e Santiago de Compostela, así como a Urxencias Médicas e os axentes da Garda Civil.