Escuchar

Ferido tras chocar contra un poste de electricidade despois de saírse da vía en Val do Dubra

Os servizos de emerxencia encóntranse –nestes intres- traballando nun accidente ocorrido no termo municipal de Val do Dubra. Ás 11:45 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que chocara contra un poste de electricidade despois de saírse da vía. Aseguraba que o poste quedou tendido enriba do turismo.

Os feitos ocorreron ao pasar Portomouro, na estrada que enlaza as localidades de Santiago e Santa Comba.

Efectivos de Protección Civil tamén chamaron –a esa hora- ao 112 Galicia para indicar que se toparan cun accidente e que unha persoa precisaba asistencia sanitaria.

A partir de aí, os profesionais do CIAE pasaron aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, Garda Civil de Tráfico e aos Bombeiros de Santa Comba.  

Ademais, solicitouse a intervención do persoal da empresa subministradora de electricidade.

 

Unha colisión por alcance entre catro turismos deixa un ferido en Vigo

Un accidente múltiple deixou esta mañá un ferido en Vigo. Pasados uns minutos das 08:30 horas, persoal do 061 informaba ao 112 Galicia dun choque entre catro vehículos que circulaban pola entrada da Avenida de Madrid, xustamente, no cruce do Seminario á entrada da A-52.

Nada mais recibir o aviso, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia (CIAE) alertou á Policía Local, que xa tiña constancia do suceso. Así meso, solicitou a colaboración dos axentes de Tráfico e informou aos Bombeiros e efectivos de Protección Civil da cidade.

Persoal sanitario confirmou o traslado do ferido ao Hospital Povisa de Vigo.  

Un ferido en Meaño
Tamén, case á mesma hora, o CIAE tivo constancia doutro accidente en Meaño. Neste caso, tamén unha persoa resultou ferida. Ás 08:40 horas, un particular informaba ao 112 Galicia dun coche accidentado cunha persoa ferida no seu interior, na saída 14 da Autovía do Salnés, dirección Sanxenxo. Ata o punto, tras ser alertados polo 112 ademais do persoal sanitario desprazáronse os Bombeiros de Ribadumia que, nada mais chegar, confirmaron que non foi preciso excarcerar á persoa. Segundo detallaron, o ferido saíu polos seus propios medios do interior do vehículo.

A intervención dos axentes de Tráfico e a dos membros do GES de Sanxenxo tamén foi requirida polo persoal do 112 Galicia.