Escuchar

Tres feridos, un deles moi grave, no accidente ocorrido esta mañá en Dumbría

Axentes da Garda Civil de Tráfico confirmaron ao persoal do 112 Galicia que, finalmente, foron tres persoas as que resultaron feridas no accidente de Dumbría.

O sinistro ocorreu hoxe, sobre as 08:00 horas, na AC-552  e, os bombeiros tiveron que excarcerar a dous dos tres feridos. Un deles, de carácter grave. Ademais  indicaron que, a carga do camión -unhas 70 bombonas de butano para uso doméstico e oito de propano- non sufriu ningún tipo de perda.

Outro camión enviado pola empresa subministradora deste gas, encargouse de facer a trabase da mercadoría. A esta hora a estrada quedou totalmente limpa.

Ata o lugar desprazáronse os medios sanitarios, membros do parque comarcal, axentes de Tráfico e os efectivos de Protección Civil de Cee, Dumbría e Muxía, todos eles alertados polo persoal do CAE 112 Galicia.