Escuchar
Un camioneiro perde a vida en Brión tras saírse da vía o vehículo que conducía
O condutor dun camión resultou falecido esta mañá despois de saírse da vía o vehículo que conducía pola estrada que une Negreira con Urdilde, no concello de Brión. Tras o impacto, a vítima quedou atrapada no interior da cabina, polo que foi necesario empregar os equipos de excarceración para liberalo. Os servizos sanitarios de urxencia enviaron ao lugar do accidente o helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela, sen embargo, nada se puido facer por salvar a vida do camioneiro. Ademais, o vehículo sinistrado transportaba leite, que, a causa do golpe, se acabou derramando pola vía. Ás 10:55 horas de hoxe, un particular alertou ao CAE 112 Galicia, que, de inmediato, activou un operativo no que participaron os Bombeiros de Santa Comba, os membros do GES de Brión, Urxencias Médicas e Garda Civil de Tráfico.