Escuchar

Resulta ferido tras envorcar co seu vehículo en Viveiro

Un condutor resultou ferido despois de envorcar co vehículo que conducía na coñecida recta do Naseiro, na localidade lucense de Viveiro.  Foi un particular quen, ao fío das 10:00 horas de hoxe, chamou ao 112 Galicia para pedir axuda. Indicaba que o condutor xa saíra polos seus propios medios do turismo, polo que, descartáronse os medios de excarceración.  Neses intres, o mesmo condutor telefonaba ao 112 Galicia para informar do suceso e advertir que necesitaba asistencia sanitaria.

Foi a partir de aí, cando os profesionais do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 alertaron a Urxencias Médicas e á Garda Civil de Tráfico. Tamén, ata o punto desprazáronse os efectivos do Grumir da localidade e o persoal do servizo de mantemento da estrada.

Nai e fillo feridos en Vigo
En Vigo, unha colisión por alcance na rotonda do Álvaro Cunqueiro, deixou dous feridos. Ás 12:30 horas deste mediodía, Urxencias Médicas informaba ao 112 Galicia desta colisión. Indicaban que unha muller e o seu fillo –menor de idade- resultaran feridos. Tras o aviso, dende o 112 Galicia solicitouse a colaboración dos axentes da Policía Local e informouse aos Bombeiros da cidade e aos membros de Protección Civil.